Maís de 100 anos de andaina, ESCOLAS NIETO.

Escolas Nieto xurdiu como proxecto de Ramón Nieto ó que a vida lle aprendeu que con esforzo e traballo as persoas poden acadar grandes metas.

1856- O 2 de outubro nace Ramón Nieto en Lavadores.

 

1870- A familia Nieto Otero emigra  cara a Chile, e instálase en Valparaíso.

1880-Ramón Nieto co seu traballo nas salitreiras e negocios de fío comeza a consolidar un gran patrimonio. Chega a fundar bancos, aseguradoras, e incluso é nomeado Conselleiro da Presidencia de Chile.

Ramón Nieto

1900 – Ramón Nieto encarga ós irmáns Conde Domínguez (Antonio e Fernando) a creación dunha escola gratuíta nunha pequena casa de Barreiro, e deciden poñer a dirección desta, en mans de Severino Cobas Pérez. O índice de analfabetismo nesta época rondaba o 80% (Documento)

1903 – O Reitor da Universidade de Santiago de Compostela autoriza a continuación do funcionamento da Escola, e comunícallo ó Inspector Xefe de Pontevedra.(Documento)

1904 – 1931- Os nenos e nenas da Escola participan nas Colonias Escolares Viguesas, impulsadas por Fernando Conde Domínguez na cidade. Este proxecto está directamente relacionado coa corrente pedagóxica da Institución Libre de Enseñanza.

1914- Ramón Nieto é nomeado Fillo Predilecto do Concello de Lavadores, e ordena o inicio da construción do novo edificio das Escolas. Daquela a Escola atendía gratuitamente a 70 nenos.

1917- A inspección de 1ª ensinanza autoriza a ampliación das ensinanzas na Escola (Aritmética, Xeometría e Agrimensura, Rudimentos de Dereito, Nocións de Hixiene, Debuxo, Canto, Exercicios Corporais...)

1923- O 19 de xaneiro constitúese a Fundación. Con isto Ramón Nieto quere consolidar o proxecto da Escola e asegurar a súa continuidade, nomea Presidente da Fundación a Antonio Conde Domínguez.

A principios de setembro comezan as clases no novo edificio, con 3 seccións para 98 nenos cos seguintes mestres ó seu cargo: D.Luis Crespo Almón, D. Dalmiro Crespo Pedrosas e o propio D. Severino Cobas; e unha sección de 38 nenas a cargo de Dna. Mª Rodríguez Pedreira.

Publícase o Regulamento das Escolas.

A nova institución vai funcionar como un centro cultural e benéfico co fin de que tódolos nenos e nenas de Lavadores teñan a oportunidade de alcanzaren a formación humana e intelectual necesaria para poder desenvolverse na sociedade. De feito, dende o principio, o Regulamento Interior das Escolas Nieto estableceu normas, que se ben hoxe poden parecer normais, eran moi avanzadas para a época: prohibición de castigos físicos e psicolóxicos, ensinanza de idiomas estranxeiros, bolsas para estudar fóra da cidade, etc.

Toda esta labor desenvolveuse dende o seu comenzo ata os nosos días, sen coste algún para as familias que formaron e forman parte desta escola, institución benéfico docente, rexistrada no Protectorado das fundacións Benéfico-Docentes declaradas de interes galego, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Poderíamos destacar algún dato de interés dos muitos que nos acompañaron nestes máis de 100 anos, decir que ó longo de todos eles só houbo 5 presidentes da Xunta de Padroado, que é o órgano de goberno da Fundación, que foron: D. Antonio Conde, D. Fernando Conde, D Manuel Núñez, D. José Costas e D.Ramón Costas Presidente na actualidade.

Outra curiosidade é que na escola mantivéronse ata o día de hoxe exemplares bibliográficos co carimbo das Misións Pedagóxicas (As Misións Pedagóxicas foron un proxecto educativo español creado no seo do Museo Pedagóxico Nacional e da Segunda República Española, e inspirado na filosofía da Institución Libre de Ensino.), co conseguinte risco que isto supuxo, xa que pouco despois de rematar a Guerra Civil o goberno franquista requeriu mediante a "Comisión Depuradora" información de tódolos mestres (afiliación política, creencias relixiosas, etc.). Foron momentos duros aqueles, pero a andaina continuou.

Por último cabe destar que o nº de directores que levaron a cabo o proxecto educativo da mesma foron 13, dos cales 3 foron mulleres (D. Severino Cobas, D. Álvaro Fernández, D. Benedicto Cernadas, D. Joaquín Picher, D. José María Picher, D. Román Márquez, D. José Antonio Fraga, D. Ramón Castillo, Dna. Ana Burillo, Dna. Marina Vidal, D. Miguel Ángel Cameselle, Dna. Susana Estévez e D. Rodrigo Martínez) Dos máis de 100, anos 53 foron repartidos entre Severino Cobas (27) e Ana Burillo (26).

© Escolas Nieto 2017